jueves, 15 de enero de 2009

San Mauro, patrón de Bexo




Hoxe día 15 de xaneiro é San Mauro, que ademais de ser abogar polas enfermidades reumáticas é patrón de moitos lugares, entre os que se atopa a aldea dodresa de Bexo, lugar no que se garda unha imaxe súa de madeira bastante antiga dentro da capela do seu nome, na que tamén se gardan dúas imaxes da Virxe do Belén, unha de pedra moi antiga e unha de madeira bastante recente (anos 90) que é unha copia da anterior feita para sacala na procesión, unha imaxe de san Benito tamén recente (cumprense este ano os 10 anos da súa compra), e unha imaxe de san Pedro de pedra tamén moi antiga (do mesmo momento que a Belén de pedra) que non está totalmente esculpida sobre a lousa.

O patronato da aldea de Bexo non sempre foi san Mauro, xa que antes compartía o patronato da aldea e o nome da capela, realizada no século XVII, co seu mestre san Benito. Ademais Bexo tamén ten o patronato de san Xoán Bautista, patrón da parroquia de san Xoán de Laíño (á que pertence Bexo), e da Virxe do Leite patroa do concello de Dodro.

As festividades que se celebran na aldea de Bexo son o san Mauro (15 de xaneiro), a Virxe do Belén (25 de xaneiro), o san Benito (11 de xullo) e a Virxe do Carme (16 de xullo) que se atopa na igrexa parroquial en cuxa honra se celebran Festas de Bexo os venres e sábado seguintes á súa festividade.

No hay comentarios: