viernes, 27 de marzo de 2009

Toque musical

Voulle dar un toque musical a este blog, para o que vos presento (ós que non o coñezades) ó grupo de rock indie YOPLAY; este grupo é da comarca do Sar e ademais o cantante é meu primo, e é de Bexo.

Comezaron hai un ano pero xa teñen un "disco", Killmymother; aqui tedes a súa portada e unha das súas cancións, Wiass.

lunes, 16 de marzo de 2009

Presidente da Xunta en Bexo


Non pretendo meterme en política, pero aproveito para presumir, xa que a aldea de Bexo, e por tanto o concello de Dodro, ten a sorte de ter sido visitada polo próximo presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijoo; dita visita realizouse en novembro pasado no interior do restaurante "o Mesón de Bexo".
Digo isto xa que non todas as aldeas galegas poden dicir que foron visitadas por un futuro presidente da Xunta.