miércoles, 27 de mayo de 2009

Patrimonio de Dodro II

No catálogo arqueolóxico do PXOM do concello de Dodro[1], que debeu ser feito no ano 2006, pero que foi reeditado no ano 2008 durante os cambios introducidos no plan por orde da Xunta. Neste catálogo aparecen máis xacementos, e tamén desaparece un, o castro de Castro; en san Xoán de Laíño sitúanse, o xacemento do Riasós (de adscrición Calcolítico -Bronce), o castro de Bexo ou Murallas, as catro mámoas da Paradegua, a Veiga de Abaixo (zona arqueolóxica de época romana) e o petroglifo número dous do Padronelo en Bexo, o petroglifo número un do Padronelo e o petroglifo de Bouza Abadín en Imo, o castro de Imo -Castro entre estas dúas aldeas e os petroglifos de Lomba das Pozas en Bustelo, ademais tamén se sitúa unha pequena parte dun castro[2] situado entre os concellos de Dodro e Rianxo; en san Xulián de Laíño aparecen, o castro de Traxeito, a mámoa da Mina de Balouta e o petroglifo de A Cabaña/Bouza Nova na Igrexa de Laíño; e finalmente na parroquia de santa María de Dodro están situados, o castro do Monte Xián e o petroglifo do Outeiro dos Corvos en Susavila, o castelo de Monte Villar (de época medieval) e o castro da Ermida en Lestrove, Pedra Redonda (de adscrición tipolóxica descoñecida, aínda que é probable que sexa un castro) e o petroglifo de A Carga en Vigo.
[1] Que actualmente se atopa en fase de primeira aprobación.
[2] Este castro podería ser o antigo de Bexo, anterior ó das Murallas; no traballo consirerarémolo así.