martes, 27 de octubre de 2009

Nacemento do concello de Dodro

O agora municipio de Dodro nos tempos do antigo réxime estaba dividido en dúas xurisdiccións: a de Dodro e Lestrove e a de Rianxo, todas elas pertencentes á provincia de Santiago, dado que só contaba con dúas parroquias, a de san Xulián de Laíño, que tamén abarcaba a actual parroquia de san Xoán de Laíño, que se escindirá a mediados da década dos 50 do século XVIII pola crecida no inverno do rego de Manselle (un pequeno río que desemboca no Ulla e divide ambas parroquias), e a de santa María de Dodro polo outro lado.
Cando se instauran os novos concellos constitucionais, aínda que Dodro non figura, pero si o fan os de Laíño e Lestrove no partido xudicial de Padrón.
O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous, formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xulián de Laíño e San Xoán de Laíño.
A capital municipal actual, probablemente dende 1906, é Tallós, onde actualmente se atopa a casa consistorial, pero iso non sempre foi así, a capital municipal estivo tamén en Lestrove e en Vigo.