martes, 24 de noviembre de 2009

Mámoas 1 e 2 da Paradegua

As mámoas 1 e 2 atópanse no agro de fincas chamado O Tombo, ambas abarcando catro leiras na súa parte máis alta. Para acceder ñas mámoas hai que coller o da “Forestal”, e deste unha ramificación que baixa cara o agro do Tombo e prosigue cara o oeste.
Tanto a mámoa nº 1 como a nº 2 están a pouca distancia do camiño que transita pola parte máis alta do Tombo, ademais de estar separadas entre si por unha distancia aproximada de 47 metros. Ámbalas dúas están cubertas por bastante vexetación, ó igual que as fincas que as rodean, aínda que non é difícil acceder a elas, pero si é complicado ir dunha a outra atallando polo medio das fincas, sendo mellor acceder dende o camiño. En canto á súa forma, semellan uns outeiros de pouca altura cunha dimensión considerable, a que a simple vista só se pode apreciar o túmulo de terra, que agocha no seu interior o dolmen no que se soterraban as persoas, e que á súa vez está soterrado baixo o nivel do chan, así como algunha pedra da coiraza pétrea exterior da mámoa; esto é a proba da boa conservación que teñen, xa que non presentan ningunha proba de violación ou destrucción.