miércoles, 22 de diciembre de 2010

O pazo de Vigo

Este mes vouvos facer unha breve redacción sobre o desaparecido pazo de Vigo, tamén coñecido como pazo de Dodro ou Torre do marqués de Bendaña.
O pazo era propiedade do marqués de Bendaña, que era veciño de santiago de Compostela, como así se reflexa no Catastro de Ensenada (1749-53).
O elemento máis importante, e que incluso lle ten dado nome, como na obra do autor escocés Aubrey FG Bell Galicia vista por un inglés, na que é citado, era a súa torre, que tiña unha forma cadrada e ocupaba a parte central do pazo, presentando tamén unha dimensións considerables. Tamén tiña unha capela, separada do resto do pazo.
Sábese, pola obra antes citada de Bell, que sobre o ano 1919 -1920 o pazo e a torre seguían en pé, pero medio en ruinas. Coa chegada da Guerra Civil e o Franquismo, o propietario do pazo, o Conde de Fenosa, regálalle o pazo ó Caudillo e Xeneralísimo Franco, que desmonta a torre e outros elementos ornamentais e os leva para o seu pazo, as Torres de Meirás (Sada), onde quedarían as pedras tiradas polo xardín, xa que a torre nunca volvería ser montada.
Coa chegada da Transición o pazo e o terreo colindante (o "Solar de Franco") son vendidos a particulares.
Actualmente só se conserva a capela do pazo, e crese que as pedras da torre  e os demais motivos ornamentais seguen no pazo de Meirás, pertencente á familia Franco.




miércoles, 15 de diciembre de 2010