viernes, 23 de septiembre de 2011

As mámoas da Paradegua

No lugar da Paradegua existe unha necrópole neolítica formada por catro túmulos megalíticos, comunmente chamados mámoas. En todo o concello de Dodro só existen outras tres mámoas, as dúas de Mina Balouta en Ladride e outra, descuberta recentemente, na Chisca, todas elas na parroquia de san Xián de Laíño.
Preto da necrópole da Paradegua hai outras cinco, todas pertencentes ó concello de Rianxo, as de Monte Picoto en Burés, as de Monte de Pena en Asados, as de Os Campiños en Leiro, as de Cuncha Vieira en Isorna e as da Bacariza. Todas, incluídas as da Paradegua, situadas nun radio dun quilómetro e medio, formando un parque megalítico, o do “Baixo Ulla”.
As mámoas nº1 (GA15033005) e nº2 (GA15033010) sitúanse na paraxe de O Tombo, a nº3 (GA15033011) en Campelos e a nº4 (GA15033012) no chamado “Agro do Manco”.
Todas estas mámoas foron catalogadas nos anos 70 por un grupo de arqueólogos entre os que destacan Fernando Acuña Castroviejo e Antón Rodríguez Casal. Durante a catalogación atopáronse un axuar de sílex e un pilum do século II d.C.
Esta necrópole megalítica é unha das máis importantes da zona do Barbanza.




No hay comentarios: