sábado, 22 de diciembre de 2012

jueves, 22 de noviembre de 2012

Novo muíño en Imo

As obras do AVE ó seu paso pola aldea de Imo na parroquia de san Xoán de Laíño (Dodro) restauraron un muíño nesta aldea. O muíño sitúanse baixo a autovía da Barbanza AG11, á altura do cartel indicativo do río Imo, aínda que o acceso é pola pista que vai á igrexa parroquial dende Bexo. Tamén se pode ver o muíño dende o lugar de O Montiño, nas inmediacións da igrexa.


martes, 30 de octubre de 2012

Dodro no Antigo Réxime

Déixovos un mapa no que se mostran as divisións existentes nas terras do actual concello de Dodro durante o Antigo Réxime, antes da creación dos concellos constitucionais, primeiro Laíño e Lestrove e ó ano seguinte Dodro unificando estes dous.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Muíño da Devesa


Tamén chamado muíño de Valentín. Muíño de regato ou cubo utilizado para moer gran. Antigamente tamén se utilizaba para producir electricidade.Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou acadar coa canle para gañar a altura suficiente para darlle forza ao auga e facelo funcionar.

martes, 14 de agosto de 2012

Se as comarcas fosen os concellos

Fai unhas semana lin nos comentarios a unha nova sobre supresión de concellos na edición dixital dun importante xornal galego que se debían converter as comarcas en concellos. Pois eu fixen un estudo para ver como quedaría este "mapa municipal" galego, estudo que mostro a continuación.
Os dados están baseados nos resultados das eleccións municipais de 2011 e non contempla escisións dentro dos partidos, principalmente as do BNG.

ALLARIZ-MACEDA (Allariz [BNG], Baños de Molgas [PP], Maceda [BNG], Paderne de Allariz [PP], Xunqueira de Ambía [PP] e Xunqueira de Espadanedo [PP]): PP 9, BNG 7, PSOE 1.
ANCARES (Baralla [PP], Becerreá [PSOE], Cervantes [PSOE], Navia de Suarna [PSOE], As Nogais [PP] e Pedrafita [PSOE]): PP 8, PSOE 8, BNG 1.
ARZÚA (Arzúa [BNG], Boimorto [PSOE], O Pino [PP] e Touro [PP]): PP 10, BNG 4, PSOE 3.
BAIXA LIMIA (Bande [PP], Entrimo [PSOE], Lobeira [PP], Lobios [PP] e Muíños [PP]): PP 9, PSOE 3, BNG 1.
BAIXO MIÑO (A Guarda [PSOE], Oia [PP], O Rosal [PP], Tomiño [BNG] e Tui [PP]): PP 10, BNG 5, PSOE 5, AtT 1.
BARBANZA (Boiro [PP], A Pobra [PP], Rianxo [BNG+PSOE] e Ribeira [PP]): PP 14, BNG 7, PSOE 4
BARCALA (A Baña [PP] e Negreira [PBN+PP]): PSOE 7, PP 6, PBN 3, BNG 1.
BERGANTIÑOS (Cabana [PP], Carballo [BNG], Coristanco [PP], A Laracha [PP], Laxe [PSOE], Malpica [PP] e Ponteceso [PP]): PP 13, BNG 6, PSOE 4, TEGA 2.
BETANZOS (Aranga [PP], Betanzos [PSOE+BNG], Cesuras [PP], Coirós [PP], Curtis [PP], Irixoa [PP], Miño [PP], Oza [PP], Paderne [PSOE], Vilarmaior [PP] e Vilasantar [PP]): PP 12, PSOE 6, BNG 3.
CALDAS (Caldas [PSOE], Catoira [PSOE], Cuntis [PP], Moraña [PP], Pontecesures [BNG], Portas [PP] e Valga [PP]): PP 10, PSOE 7, BNG 4.
CARBALLIÑO (Beariz [PP], Boborás [PP], O Carballiño [PP], O Irixo [PP], Maside [PSOE], Piñor [PSOE], Punxín [PP], San Amaro [PP] e San Cristovo de Cea [PP]): PP 12, PSOE 7, BNG 2.
CHANTADA (Carballedo [PP], Chantada [INTA], Taboada [PP]): PP 7, INTA 4, PSOE 3, BNG 3.
O CONDADO (Mondariz [PP], Mondariz-Balneario [PP], As Neves [PP], Ponteareas [PP] e Salvaterra [PP]): PP 11, BNG 6, PSOE 3, ACIP 1.
CORUÑA (Abegondo [PP], Arteixo [PP], Bergondo [PSOE], Carral [PP], Cambre [PP], Coruña [PP], Culleredo [PSOE], Oleiros [AV] e Sada [PP+PDSP]): PP 13, PSOE 8, BNG 4, AV 1, EU 1.
DEZA (Agolada [PP], Dozón [PP], Lalín [PP], Rodeiro [PP], Silleda [PSOE] e Vila de Cruces [PP]): PP 13, PSOE 6, BNG 2.
EUME (Cabanas [PP], A Capela [PSOE], Monfero [ICMON], Pontedeume [PP] e As Pontes  [PSOE]): PSOE 10, PP 7, BNG 4.
FERROL (Ares [PSOE], Cedeira [PP], Fene [PP], Ferrol [PP], Moeche [PP], Mugardos [BNG], Narón [TEGA], Neda [PP], San Sadurniño [BNG], As Somozas [PP] e Valdoviño [PP]): PP 12, PSOE 6, BNG 4, TEGA 2, EU 2, CG 1.
FISTERRA (Cee [PP+BNG], Corcubión [PSOE], Dumbría [PSOE], Fisterra [PP] e Muxía [PSOE]): PSOE 9, PP 7, BNG 3, IxCEE 2.
A FONSAGRADA (Baleira [PP], A Fonsagrada [PSOE] e Negueira de Muñiz [PSOE]): PSOE 6, PP 6, BNG 1.
A LIMIA (Baltar [PP], Os Blancos [APG], Calvos de Randín [PSOE], Porqueira [PP], Rairiz de Veiga [PP], Sandiás [PP], Sarreaus [PP], Trasmiras [PP], Vilar de Barrio [PP], Vilar de Santos [BNG] e Xinzo [PP]): PP 13, PSOE 4, BNG 3, APGa 1.
LUGO (Castroverde [PSOE], O Corgo [PP], Friol [PP], Guntín [PP], Lugo [PSOE+BNG], Outeiro de Rei [PP], Portomarín [PP] e Rábade [IR]): PP 13, PSOE 10, BNG 2.
A MARIÑA CENTRAL (Alfoz [PP], Burela [PP], Foz [PP], Lourenzá [PP], Mondoñedo [BNG+PSOE] e O Valadouro [PP]): PP10, PSOE 7, BNG 3, UNIFOZ 1.
A MARIÑA OCCIDENTAL (Cervo [PP], Ourol [PP], O Vicedo [PP], Viveiro [PSOE] e Xove [PP]): PP 11, PSOE 6, BNG 3, iVi 1.
A MARIÑA ORIENTAL (Barreiros [PP], A Pontenova [PSOE], Ribadeo [BNG] e Trabada [PP]): PP 8, BNG 5, PSOE 4, UPRI 1.
MEIRA (Meira [PP], Pol [PSOE], Ribeira de Piquín [PP] e Riotorto [BNG]): PP 6, PSOE 5, BNG 2.
O MORRAZO (Bueu [BNG], Cangas [PP], Marín [PP] e Moaña [PP]): PP 12, BNG 8, PSOE 4, ACE 1.
MUROS (Carnota [BNG+PSOE] e Muros [PSOE]): PP 6, PSOE 6, BNG 5.
NOIA (Lousame [PP], Noia [PSOE+BNG], Outes [PP] e Porto do Son [PP+AVS]): PP 12, PSOE 5, BNG 3, NOIA 1.
ORDES (Cerceda [PSOE], Frades [PP], Mesía [PSOE], Ordes [UXO], Oroso [PSOE], Tordoia [PP] e Trazo [PP]): PP 10, PSOE 7, BNG 2, UXO 2.
ORTEGAL (Cariño [BNG], Cerdido [PP], Mañón [PP] e Ortigueira [PP]): PP 8, PSOE 6, BNG 3.
OURENSE (Amoeiro [PSOE], Barbadás [PP], Coles [PSOE], Esgos [PP], Nogueira de Ramuín [PP], Ourense [PSOE+BNG], Pereiro de Aguiar [PP], A Peroxa [PP], San Cibrao das Viñas [PP], Taboadela [PP], Toén [PP] e Vilamarín [PP]): PP 13, PSOE 10, BNG 3, DO 1.
PARADANTA (Arbo [BNG+AIAR], A Cañiza [PP], Covelo [PP] e Crecente [PP]): PP 10, PSOE 4, BNG 2, AIAR 1.
PONTEVEDRA (Barro [PP], Campo Lameiro [PP], Cotobade [PP], A Lama [PP], Poio [BNG], Ponte Caldelas [PP], Pontevedra [BNG+PSOE] e Vilaboa [PSOE]): PP 12, BNG 9, PSOE 4.
QUIROGA (Folgoso do Courel [PP], Quiroga [PP] e Ribas de Sil [PSOE]): PP 8, PSOE 4, BNG 1.
O RIBEIRO (A Arnoia [PP], Avión [PP], Beade [PP], Carballeda de Avia [PSOE], Castrelo de Miño [BNG], Cenlle [PP], Cortegada [PSOE], Leiro [PP], Melón [PP] e Ribadavia [PSOE]): PP 9, PSOE 5, BNG 3.
SALNÉS (Cambados [PP], O Grove [PP], A Illa [PSOE], Meaño [PP], Meis [PP], Ribadumia [PP], Sanxenxo [PP], Vilagarcía [PP] e Vilanova [PP]): PP 15, PSOE 6, BNG 3, EU 1.
SANTIAGO (Ames [PP], Boqueixón [PP], Brión [PSOE], Santiago [PP], Teo [BNG], Val do Dubra [PP] e Vedra [PP]): PP 12, PSOE 8, BNG 5.
SAR (Dodro [PP], Padrón [PP] e Rois [PP]): PP 8, BNG 4, PSOE 3, PGD 1, CIPA 1.
SARRIA (O Incio [PSOE+BNG+CDL], Láncara [PP], Paradela [PP], O Páramo [PP], Samos [PSOE], Sarria [PP] e Triacastela [PP]): PP 11, PSOE 7, BNG 2, IG 1.
TABEIRÓS (Cerdedo [PP], A Estrada [PP] e Forcarei [PP]): PP 11, PSOE 8, BNG 2.
TERRA CHÁ (Abadín [PP], Begonte [PP], Castro de Rei [PP], Cospeito [PP], Guitiriz [PP], Muras [PP], A Pastoriza [PSOE+BNG], Vilalba [PP] e Xermade [PP]): PP 13, PSOE 6, BNG 2.
TERRA DE CALDELAS (Castro Caldelas [PSOE], Montederramo [PP], Parada de Sil [PSOE] e A Teixeira [PP]): PSOE 6, PP 5.
TERRA DE CELANOVA (A Bola [BNG], Cartelle [PP], Celanova [PP], Gomesende [PP], A Merca [PP], Padrenda [PP], Pontedeva [PP], Quintela de Leirado [PP], Ramirás [PP] e Verea [PP]): PP 12, BNG 5, PSOE 4.
TERRA DE LEMOS (Bóveda [PP], Monforte [BNG], Pantón [PP], A Pobra do Brollón [BNG], O Saviñao [PP] e Sober [PP]): PP 10, BNG 6, PSOE 5.
TERRA DE MELIDE (Melide [PP], Santiso [PSOE+BNG], Sobrado [PP] e Toques [PP]): PP 10, BNG 5, PSOE 2.
TERRA DE SONEIRA (Camariñas [PSOE], Vimianzo [BNG] e Zas [BNG]): PP 7, BNG 6, PSOE 5, IxVIMIANZO 2, CG 1.
TERRA DE TRIVES (Chandrexa de Queixa [PP], Manzaneda [BNG], Pobra de Trives [ATI] e San Xoán de Río [PP]): PP 7, ATI 2, PSOE 2, BNG 2.
A ULLOA (Antas de Ulla [PP], Monterroso [PSOE] e Palas de Rei [PP]): PP 8, PSOE 8, BNG 1.
VALDEORRAS (O Barco [PSOE], O Bolo [PP], Carballeda [PP], Larouco [PP], Petín [PSOE], A Rúa [PP], Rubiá [PP], A Veiga [PP] e Vilamartín [PSOE]): PP 11, PSOE 10.
VERÍN (Castrelo do Val [PSOE], Cualedro [PP], Laza [PP], Monterrei [PP], Oímbra [PP], Riós [PP], Verín [PP] e Vilardevós [PP]): PP 13, PSOE 5, BNG 3.
VIANA (A Gudiña [PP], A Mezquita [BNG], Viana do Bolo [PP] e Vilariño de Conso [PP]): PP 7, BNG 3, PSOE 2, MEZQUIT.A 1.
VIGO (Baiona [PP], Fornelos de Montes [PSOE], Gondomar [PP], Mos [PP], Nigrán [PP], Pazos de Borbén [PP], O Porriño [PP], Redondela [PP], Salceda de Caselas [BNG], Soutomaior [PP] e Vigo [PSOE]): PP 15, PSOE 10, BNG 4.
XALLAS (Mazaricos [PP] e Santa Comba [PP]): PP 7, PSOE 3, BNG 2, TEGA 2, IXSANTACOMBA 2, PIMAZ 1.

lunes, 30 de julio de 2012

jueves, 7 de junio de 2012

Documentación sobre Dodro

Hoxe, aniversario 176 do concello de Dodro, deixovos dous documentos do século XVII, relativos ás terras que actualmente conforman Dodro.

Sancta María de Dodro
En treinta de abril de seiscientos y seis visité esta (fol.138r) iglesia. Tiene noventa feligreses de jurisdicción del alguacil Ribera. Vale la fábrica seis ferrados y un toledano de centeno y cinco ferrados de mixo.
Rector lo es el bachiller Juan Domínguez de Viduales que lo sirve por su persona. Los fructos al rector que rentarán doscientos cincuenta ducados y del lugar de Lestrobe que es junto a la puente de Padrón. Llieban los canónigos la tercera parte de los diezmos y primicias. Presentación de Sancta María de Conjo que es un monasterio mercedario que hay en Santiago y llieva por ello el convento seis cargas de pan como patrón.


1325,maio,18, s.1.
Ampliación por tres anos do arrendamento que Xoán Mariño, escudeiro, fillo de Pero Eanes Mariño, fixera a Xoán Míguez, tendeiro de Santiago, de todas as súas posesións na freguesía se san Xián de Laíño, por 300 maravedís anuais. Arrenda, ademais, por un tempo de dous anos, que comezarán a contar dende o día de san Xoán de 1326, as súas propiedades nas freguesías de Santa María de Leiro e Santa Conba de Rianxo, por 250 maravedís.

sábado, 26 de mayo de 2012

martes, 17 de abril de 2012

Cruceiro de Gradín ou das Escuras

Tras observar mellor a inscrición recentemente descuberta neste cruceiro, descubríuse que non estaba escrita en latín, estao en castelán, e que falaba dun tal Domingos ou Mingos, pero segue sen estar moi claro que pon na primeira liña. Deixovos unha nova imaxe coas letras resaltadas.

lunes, 19 de marzo de 2012

200 anos da Pepa

Hoxe fanse 200 anos da promulgación da constitución española de 1812, máis coñecida como constitución de Cádiz ou La Pepa. Esta constitución, a primeira na historia de España, é única, xa que nela se recoñece que España son todos os territorios da monarquía, non facendo distinción entre os territorios peninsulares e os de ultramar, que poderían ser considerados colonias. Esta consideración, que se expresa no artigo 1º da constitución: "La nación española es la reunión de los españoles de ambos hemisferios", nin se deu antes, nin se daría despois en ningunha outra Lei Fundamental (constitución ou non), escrita ou non, do mundo.

miércoles, 29 de febrero de 2012

Capela de san Mauro de Bexo

A Ermida de santo Amaro, antigamente de san Benito e san Mauro (Madoz confundeas con dúas capelas diferentes ó levar os dous nomes), atópase na aldea  de Bexo, rodeada de casas e dun emparrado. Non se sabe con certeza o ano da súa construcción nin o seu autor, pero crese que foi construída no século XVII e clasifícase como un estilo de arquitectura anónima popular.
Esta capela é de planta cuadrangular cun ábside cadrada na cabeceira e muros de cachoteria que sustentan unha bóveda de canón interior rebaixada. A cuberta, de tella curva, é dúas augas.
O inmoble presenta unha tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, aínda que hai outra porta lateral e un pequeno campanario.
No seu interior grada dúas imaxes antigas, feitas en pedra, de san Pedro e da Virxe do Belén, ademais dunha figura do patrón, san Mauro, feita en madeira tamén bastante antiga.

lunes, 30 de enero de 2012

O Topónimo Paradegua

O lugar de A Paradegua, hoxe en día comprende a zona entre o núcleo da aldea de Bexo e o Alto da Paradegua, no límite entre os concellos de Dodro e Rianxo, aínda que hai quen o extende ata o núcleo rianxeiro de Burés. Neste lugar, só a parte dodresa, podemos atopar varios xacementos arqueolóxicos, as catro mámoas de Bexo, identificadas con este topónimo, Paradegua, e o castro de Bexo; a estes xacementos poderíanselle unir as mámoas do Monte Picoto sitas no Alto da Paradegua, o Araño a uns centos de metros do castro de Bexo, do que posiblemente dependera. A Paradegua é unha zona montañosa, cun val, no que se  sitúan as mámoas de Bexo, non moi amplo e que case non ten superficie que estea totalmente plana.
A orixe do topónimo Paradegua ten varias explicacións, dende que era o lugar no que paraban as eguas que subín cara as terras de Rianxo e o Barbanza, ata que neste lugar era onde eran fecundadas as eguas polos cabalos da zona, gabados polos romanos (esta teoría non a desbotaría tan facilmente). Pero a teoría máis recente, exposta no libro Os nomes na auga. Toponimía de Dodro e Laíño e defendida nalgún documental polo seu autor, refire que este topónimo provén dunha pedra (do latín Para) das eguas, un gran petróglifo perdido no que se representaban cabalos e eguas. Aqui tentarei darlle unha volta a esta teoría.
A posible existencia dun gran petróglifo no que se representaran eguas ou cabalos non sería algo descabellado a priori, pero que dese gravado non quede na actualidade nada máis que o topónimo desbotaa case totalmente, xa que parece moi raro que sobrevivirán as catro mámoas, sobre todo a 1 e 2 que aínda conservan a súa forma tumular, a pesar do descoñecemento por parte dos veciños da súa existencia, e sendo nalgún caso, como pasa coa número 1 un certo estrobo no nivel do terreo, que primeiro sube e despois descende abruptamente, o que unido a que ate finais do século XIX esta mámoa tiña un só dono, resulta raro que non se levaran a cabo intentos de aplanar o terreo. Aínda que non había unha constancia da existencia destes túmulos, si o debeu de haber en tempos, dado que o lugar no que se sitúan as mámoas 1 e 2 recibe o nome de O Tombo.
O outro gran xacemento da zona é o castro de Bexo, que a pesar do inteso saqueo de pedra que sufríu dende o século XIX, aínda garda algún muro, a vinculación popular cos mouros e o topónimo As Murallas co que se nomeaba o lugar, pero  ó contrario que coas mámoas a xente maior si coñecía a súa existencia.
Que estes dous xacementos, que antes da reforestación dos montes e do expolio da pedra serían bastante visibles, ó poderse apreciar a forma dos túmulos e os muros castrexos, algo que sucedería no momento no que xurdiu o topónimo Paradegua, algo non posterior á Idade Media; pero que non quede nada da Pedra das Eguas converte a súa posible existencia  nunha quimera, sobre todo cando en Bouza Badín continuaron alí os petróglifos, aínda que existen marcas do frustrado intento dalgún canteiro de extraer pedra nesas rochas. Ademais para que a xente se fixara máis neste petróglifo que nos dous castros (Bexo e Foxacos), un deles, o de Bexo, posiblemente de grandes dimensións, e nas quince mámoas ( as 4 da Paradegua e as 11 do Monte Picoto), todos moito máis fáciles de apreciar que unha rocha pousada no chan, provoca que esta rocha tivera unhas dimensións extraordinarias, ou que se atopara nun lugar do camiño moi singular, podendo ser tamén unha referencia para a xente que ía por el, ambas as dúas pouco probables.
Outra opción para Pedra das Eguas podería ser unha rocha grande e moi visible que tivera a forma dun cabalo ou unha egua, e que incluso estivera ligada a algún ritual pre- romano. Neste caso sería Pedra da Egua.