martes, 30 de abril de 2013

Lendas de san Xoán de Laíño

Deixovos varias lendas relacionadas coa parroquia dodresa de san Xoán de Laíño:
No monte próximo ó lugar de Castro (preto do castro) andaba unha vella coas ovellas, e todos os días se He aparecía unha tendiña con cousas bonitas cunha señora moi fermosa. A vella sempre se paraba a ver as cousas, pero un día preguntoulle a señora: —Señoriña, ¿vostede que quere desta tendiña?— ; contestou a vella: —¡Ai!, eu quería aquelas tesoiriñas—. Ó momento desapare-ceu o encanto, pero aquela noite apareceron as tesoiras cravadas na porta da casa da vella, e xa non se volveu repetir o encanto.
• • •
Dicían que o cura de Laíño tina os libros, porque ó chegar preguntou por moitos lugares de encantamentos.
• • •
En Teaio, chegara un vello e preguntou a dous mozos polo Campo da Chisca. E díxolles que se houbera dous atrevidos, iría con eles ó Campo da Chisca, que alí había unha peí de touro e moita riqueza, que os galegos non sabíamos o que había en Galicia. Os mozos, vendo que levaba o libro, non se atreveron a ir con el. Logo contáronllo ás mozas como cousa graciosa, pero ós poucos días foron traballar ó Campo da Chisca e, cando estaban alí, levantouse unha cousa do chan, que non se soubo qué era, e que saíu arrastrándose.
• • •
Un soldado de Araño foi servir ó Rei a África. Alí falou cun mouro que He preguntou de onde era, e de qué zona. Cando lio dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tina el enterradas tres filias, e que non sabía o que lie daría se lias trouxera. Deulle ó soldado tres bolos de pan e as instruccións que debería seguir. Chegado á súa casa, deixou os bolos riba da mesa e, ó velos, a muller cortou unha tallada dun. O soldado reprendeuna, pero o mal xa estaba feito. Tomou os pans e foise cara ó Pozo Bastón. Unha vez alí botou un ó pozo e saíu unha moza moi guapa, botou o segundo e saíu outra, logo botou o cortado e saíu unha terceira rapaza, coxa, que caeu e arrastrou con ela ás outras dúas. E aínda seguen alí.
• • •
Nunha zona do monte chamada Bouza Bandín, nas que había unhas marcas que dicían que eran do cabalo de San­tiago.