sábado, 9 de noviembre de 2013

As Sete Maravillas Mundiais da Historia

Todos coñecedes a lista coas 7 Maravillas Mundiais da Antigüidade, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, a estatua de Zeus en Olimpia, o templo de Artemisa en Éfeso ou Efestión, o Mausoleo de Halicarnaso, os Xardíns colgantes de Babilonia, e a Gran Pirámide de Guiza (a única que segue en pé na actualidade). Tamén coñecedes a lista das Sete Maravillas Mundiais Modernas, Chichén Itzá, a Gran Muralla china, Machu Picchu, Petra, a estatua do Cristo Redentor de Río de Janeiro, o Taj Mahal, e o Coliseo de Roma. Existe ademais a lista coas Sete Maravillas Naturais do Mundo, a Montaña da Mesa (Sudáfrica), as Cataratas do Iguazú (Arxentina/Brasil), a Amazonía, a Bahía de Ha -Long (Vietnam), a illa Jeju (Corea do Sur), o Parque Nacional de Komodo (Indonesia), e o río subterráneo de Puerto Princesa (Filipinas).
Pois ben, hoxe eu propóñovos a lista coas Sete Maravillas Mundiais da Historia, sete construccíons ou conxunto delas, que súa época de esplendor eran sinónimo de beleza, non só pola súa estética, senón tamén pola dificultade da súa construcción. A lista sería a seguinte:
1. As tumbas megalíticas de Brú na Boinne (Newgrange, Knowt e Dowth)
Poño as tres tumbas dado que se sitúan nunha distancia de 1,5 km. Forman parte da lista pola súa dificultade na súa construcción, e porque siguen en pé, máis ou menos e con algunha axuda humana, na actualidade.

2. A cidade de Tenochtitlán
A capital azteca e cidade antiga da actual México DF era coñecida na súa época como a "Venecia Americana", ó situarase no medio dun conxunto de lagos, como o Texcoco, no centro do val de México. Pero ademais os aztecas foron capaces de controlara as augas destes lagoas, que serían drenados case na súa totalidade no século XVII, e de facer construccións monumentais no solo arxiloso da cidade, ademais de outras maravillas da enxeñería coma os acueductos ou as chinampas, illas artificiais na que se cultivaban os alimentos da cidade.

3. Os Xardíns colgantes de Babilonia
Debía ser magnífico atoparse xardín cheo de prantas saíndo dunha construcción no medio do deserto.

4. A cidade de Petra
Xa a coñecedes e creo que non fai falla dicir nada máis.

5. As pirámides pétreas de Exipto
Aquí abarcaría todas as pirámides pétreas feitas polos antigos exipcios, as tres de Guiza, a de Saqqara, a pirámide Vermella e a Acodada de Dahshur e a de Meidum.

6. A cidade do Vaticano
Aquí recolleríanse todas as obras de arte existentes neste microestado, que fan del unha obra de arte en sí, e un museo dos grandes artistas italianos dos séculos XV, XVI e XVII.

7. Stonehenge
Este cromlech único no mundo debía ser asombroso durante a súa época de esplendor.
Nesta lista collerían outras construccións como os vales funeraios do Antigo Exipto, val dos Reis, das Raíñas e dos Nobres,ou a enxeñería dos incas, pero só collen sete.
Esta é a miña lista, que pode ir cambiando, pero cada un debe ter a súa, polo tanto que cada un escolla a súa.