lunes, 23 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Terra de Santiago

No século XII a raíña de León dona Urraca, nai de Alfonso VII, concedeulle ó arcebispo de Santiago Diego Xelmírez un feudo señorial, a Terra de Santiago, que ía dende o río Iso no leste ata o océano Atlántico no oeste, e delimitada polos ríos Tambre, no norte, e Ulla, no sur, coas súas respectivas rías, Noia ó norte e Arousa ó sur.
Este señorío do arcebispado compostelán, que existiría ata a súa supresión a mediados do século XIX, abarcaba os actuais concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Noia, Lousame, Dodro, Padrón, Rois, Teo, Brión, Ames, Santiago de Compostela, Vedra, Boqueixón, O Pino, Touro e a zona máis occidental de Arzúa. Polo tanto as comarcas de A Barbanza, Noia, O Sar, Santisgo e Arzúa.
A mitra compostelá aforará a outros nobres partes deste señorío a cambio dunha renda, un exemplo é o Almirante Paio Gómez Chariño que será señor de Rianxo e Laíño.
Deixo un mapa coas parroquias que comprendería (están todas as arzuanas, pero só serían as máis occidentais). Están agrupadas segundo o concello actual por cores.